Hoxe preséntovos o “Origami”, que é papiroflexia tradicional de Xapón.
Maneira de facer “grúa”
1. Dobrar un papel de forma cadrada á metade por unha diagonal.
2. Dobrar novamente á metade e marcar ben.
3. Dobrar unha vez máis, marcar ben e desdobrar para facilitar o seguinte paso.
4. Desdobrar e levantar un extremo para que esa diagonal se superpoña na diagonal central (da forma trianglar á forma cadrada).
5. Repetimos o paso 4 do outro lado.
6.
7. Dobramos os lados cara ao centro, e
8. logo marcamos o extremo superior. Desdobrar.
9. Levantamos o extremo inferior e dobramos polas liñas que marcamos no paso anterior. Este paso é importante que se faga amodo e con paciencia.
10. Repetimos do outro lado. A forma cambia como un rombo.
11. Dobramos os extremos(a parte inferior) cara ao centro. Repetimos do outro lado.
12. Levantamos as dúas “patitas”, que en realidade serán o rabo e o colo da grúa, cara aos costados. Marcar ben forte e desdobrar. E agora, abrimos uno dos lados e dobramos novamente a “patita” pero cara dentro. O que estaba dobrado cara a un lado, o dobramos de forma contraria. Facemos isto con ambas “patas”.
13. Eleximos uno dos lados para que sexa a cabeza da grúa. Dobramos a punta cara dentro, como fixemos no paso anterior coas “patas”.
14. Con coidado abrimos as alas cara aos lados, de forma que se “infle” o centro.

Supoño que é un pouco compleixo ao principio, pero non é tan difícil.
Espero que o aprendades e o ensinedes a vosos amigos. E, un día, cando nos reunimos aquí en Santiago outra vez, vou facervos o exame de Origami!!
Yoshimichi Ichikawa (Xapón)
1 comentario:
Moitas grazas Yoshimichi por ensinarnos o que é o "Origami" e por agasallarnos con tan bonito recordo.
Publicar un comentario