O principio dun invernadoiro é quentar o aire atrapado debaixo do seu teito para crear un microclima favorable para a plantación de cultivos non autóctonos.
Máis o menos o mesmo feito, na escala global, provoca que a temperatura media anual global da superficie da terra na actualidade é de trinta e tres grados (15 ºC) por encima da temperatura que faría (-18ºC) se non existise a atmósfera. É esa última que, mediante os gases de efecto invernadoiro, fai a función dun teito de cristal ou plástico dun invernadoiro real.
Por iso, e fronte a polemización do tema sobre todo polas medias de comunicación de masas, é importante mencionar que o efecto invernadoiro ó principio é un fenómeno natural e como xa vimos desable dende o punto de vista do ser humano.
De feito, o gas de efecto invernadoiro natural máis importante e o vapor de auga que se mantén na atmósfera só uns dez días na media global anual. Logo hai outros gases de efecto invernadoiro que, o son exclusivamente, o polo menos de parte, de orixen antropolóxica. Tratase do famoso CO2, do metano (CH4), do N2O e do ozono troposférico (O3), cuias concentracións atmosféricas nunha glaciación son máis baixas que durante un interglacial como o holoceno, o interglacial actual que empezou fai aproximadamente dez mil anos. Á diferenza do vapor de auga, estos gases de efecto invernadoiro, de parte progresivamente emitidos polo home, manténse moito màis tempo na atmosfera – falamos de polo menos cen anos no caso do CO2 frente a uns dez días no caso do vapor de auga. Iso significa que se quedan alí durante moito tempo, unha vez que están emitidos. Ademáis repartense coa circulación xeral da atmósfera, así que teñen efecto a escala global, independente do seu lugar de emisión.
En detalle, os gases de efecto invernadoiro mencionados permítenlle a radiación solar de onda corta traspasar pola atmósfera e chegar na superficie terrestre onde de gran parte esté absorbida. Esta enerxía de orixen solar, despois da absorción trasfórmase en radiación de onda longa o terrestre porque o emisor é a terra.
A diferenza coa radiación solar (de onda corta), os gases de invernadoiro, e iso é o feito decisivo, non deixan pasar gran parte da radiación terrestre (de onda longa), senon a absorba e emite, ou a refleixa cara ao espazo e a superficie da terra. Desta maneira o efecto invernadoiro quenta á troposfera e sobre todo ás súas capas inferiores.
Por encima, temos que darnos conta dos numerosos procesos de retroalimentación inherentes do sistema climático. De feito, unha alteración da temperatura do aire provoca cambios en prácticamente todolos subsistemas climáticos, e tamén altera á criosfera e ó océano. Só dous exemplos son o ascenso da evapotranspiración, vinculado co crecemento da concentración de vapor de auga na atmósfera que provoca precipitacións máis frecontes e intensas.
Se ben sabemos que a velocidade destas reaccións varía, según os sistemas en cuestión, entre uns anos e uns miles de anos, aínda queda moita incertidumbre sobre o carácter temporal exacto das respostas climáticas ás alteracions externas.
A primeira conclusión entón é que canto máis altas son as concentracións dos gases de efecto invernadoiro, provocadas pola combustión da enerxía fósil e a agricultura intensiva, máis altas son as temperaturas da superficie da terra, e dicir do fogar do home.
A segunda e máis importante conclusión é que o home coa súa alta dependenza de enerxía fósil encadenará unha multitude de retroalimentacións dentro do sistema climático cuias consecuencias a prácticamente todo o ecosistema son evidentes, pero ao mesmo tempo moi difíciles de prever en detalle. Debido á persistencia dos gases de efecto invernadoiro na atmósfera, queda claro tamén que falamos dun proceso a longo prazo, e dicir de centos, se non miles de anos, que durará máis tempo, canto máis gases de efecto invernadoiro producimos.
En xeral, as tendencias explicadas ao nivel global ao longo de décadas, non exclúe desviacións temporais e espaciais. Iso por exemplo significa que dous veráns fríos consecutivos en Galicia encóntranse dentro da variabilidade dun trend de calentamento rexional que se está producindo a longo prazo.
De feito, as temperaturas medias anuais de Galicia, nó período 1961-2006 experimentaron un lixeiro ascenso de alrededor de 0,8 º (véase figura 1 que mostra o caso das medias máximas anuais), mentras as precipitacións non mostraban ningún cambio significativo. Tampouco se encontrou unha alteración a nivel sinóptico, e dicir respecto o reparto temporal, das masas de aire que chegaron á Comunidade. Iso da lugar á conclusión que o carácter térmico desas masas de aire cambiouse.
Figura 1) Desenvolvemento das temperaturas máximas medias anuaís de Galicia na época 1961-2006, a figura mostra valores medios dun conxunto representativo de estacións meteorolóxicas(Cruz Guerrero 2007)
Fonte da figura:
Cruz Guerrero, R. (2007): Evolución do recente clima en Galicia: tendencias observadas en variables meteorolóxicas. Véase: http://www.siam-cma.org/cligal/page.do?paxina=evidencias
Saber máis:
Páxina web do Intergubernamental Panel do Cambio Climático (IPCC). Véase: www.ipcc.ch
Autor: Swen Brands
1 comentario:
Moi ben a túa aportación. Todos sabiamos máis ou menos de que podía tratar ;)
Un saúdo Swen!!
Publicar un comentario