miércoles, 27 de agosto de 2008

miércoles, 30 de julio de 2008


Agardo que esta non sexa unha despedida senon só un atalogo. Quero mandarvos un agarimo a todos vos e dicirvos que estou moi contenta de tervos como alumnos e do moito que avanzastes e aprendestes nestes días. Este blog permanecerá aberto como punto de encontro entre todos nós e para que colguedes fotos, comentarios, entradas... E así manter o contacto ata que regresedes no vindeiro curso.
Unha aperta.
Iria
PD: Non esquezades poñer as fotos!!!!
Este é o enlace onde podedes ver a presentación de Annika:
Non esquezades deixarlle comentarios!!!

martes, 29 de julio de 2008

Papiroflexia xaponesa "ORIGAMI"

Ola amigos/as!! Son Yoshimichi, de Xapón.
Hoxe preséntovos o “Origami”, que é papiroflexia tradicional de Xapón.




Maneira de facer “grúa”

1. Dobrar un papel de forma cadrada á metade por unha diagonal.
2. Dobrar novamente á metade e marcar ben.
3. Dobrar unha vez máis, marcar ben e desdobrar para facilitar o seguinte paso.
4. Desdobrar e levantar un extremo para que esa diagonal se superpoña na diagonal central (da forma trianglar á forma cadrada).
5. Repetimos o paso 4 do outro lado.
6.
7. Dobramos os lados cara ao centro, e
8. logo marcamos o extremo superior. Desdobrar.
9. Levantamos o extremo inferior e dobramos polas liñas que marcamos no paso anterior. Este paso é importante que se faga amodo e con paciencia.
10. Repetimos do outro lado. A forma cambia como un rombo.
11. Dobramos os extremos(a parte inferior) cara ao centro. Repetimos do outro lado.
12. Levantamos as dúas “patitas”, que en realidade serán o rabo e o colo da grúa, cara aos costados. Marcar ben forte e desdobrar. E agora, abrimos uno dos lados e dobramos novamente a “patita” pero cara dentro. O que estaba dobrado cara a un lado, o dobramos de forma contraria. Facemos isto con ambas “patas”.
13. Eleximos uno dos lados para que sexa a cabeza da grúa. Dobramos a punta cara dentro, como fixemos no paso anterior coas “patas”.
14. Con coidado abrimos as alas cara aos lados, de forma que se “infle” o centro.


Supoño que é un pouco compleixo ao principio, pero non é tan difícil.
Espero que o aprendades e o ensinedes a vosos amigos. E, un día, cando nos reunimos aquí en Santiago outra vez, vou facervos o exame de Origami!!

Yoshimichi Ichikawa (Xapón)

O cambio climático e as súas consecuencias en Galicia

O principio dun invernadoiro é quentar o aire atrapado debaixo do seu teito para crear un microclima favorable para a plantación de cultivos non autóctonos.

Máis o menos o mesmo feito, na escala global, provoca que a temperatura media anual global da superficie da terra na actualidade é de trinta e tres grados (15 ºC) por encima da temperatura que faría (-18ºC) se non existise a atmósfera. É esa última que, mediante os gases de efecto invernadoiro, fai a función dun teito de cristal ou plástico dun invernadoiro real.

Por iso, e fronte a polemización do tema sobre todo polas medias de comunicación de masas, é importante mencionar que o efecto invernadoiro ó principio é un fenómeno natural e como xa vimos desable dende o punto de vista do ser humano.

De feito, o gas de efecto invernadoiro natural máis importante e o vapor de auga que se mantén na atmósfera só uns dez días na media global anual. Logo hai outros gases de efecto invernadoiro que, o son exclusivamente, o polo menos de parte, de orixen antropolóxica. Tratase do famoso CO2, do metano (CH4), do N2O e do ozono troposférico (O3), cuias concentracións atmosféricas nunha glaciación son máis baixas que durante un interglacial como o holoceno, o interglacial actual que empezou fai aproximadamente dez mil anos. Á diferenza do vapor de auga, estos gases de efecto invernadoiro, de parte progresivamente emitidos polo home, manténse moito màis tempo na atmosfera – falamos de polo menos cen anos no caso do CO2 frente a uns dez días no caso do vapor de auga. Iso significa que se quedan alí durante moito tempo, unha vez que están emitidos. Ademáis repartense coa circulación xeral da atmósfera, así que teñen efecto a escala global, independente do seu lugar de emisión.

En detalle, os gases de efecto invernadoiro mencionados permítenlle a radiación solar de onda corta traspasar pola atmósfera e chegar na superficie terrestre onde de gran parte esté absorbida. Esta enerxía de orixen solar, despois da absorción trasfórmase en radiación de onda longa o terrestre porque o emisor é a terra.

A diferenza coa radiación solar (de onda corta), os gases de invernadoiro, e iso é o feito decisivo, non deixan pasar gran parte da radiación terrestre (de onda longa), senon a absorba e emite, ou a refleixa cara ao espazo e a superficie da terra. Desta maneira o efecto invernadoiro quenta á troposfera e sobre todo ás súas capas inferiores.

Por encima, temos que darnos conta dos numerosos procesos de retroalimentación inherentes do sistema climático. De feito, unha alteración da temperatura do aire provoca cambios en prácticamente todolos subsistemas climáticos, e tamén altera á criosfera e ó océano. Só dous exemplos son o ascenso da evapotranspiración, vinculado co crecemento da concentración de vapor de auga na atmósfera que provoca precipitacións máis frecontes e intensas.

Se ben sabemos que a velocidade destas reaccións varía, según os sistemas en cuestión, entre uns anos e uns miles de anos, aínda queda moita incertidumbre sobre o carácter temporal exacto das respostas climáticas ás alteracions externas.

A primeira conclusión entón é que canto máis altas son as concentracións dos gases de efecto invernadoiro, provocadas pola combustión da enerxía fósil e a agricultura intensiva, máis altas son as temperaturas da superficie da terra, e dicir do fogar do home.

A segunda e máis importante conclusión é que o home coa súa alta dependenza de enerxía fósil encadenará unha multitude de retroalimentacións dentro do sistema climático cuias consecuencias a prácticamente todo o ecosistema son evidentes, pero ao mesmo tempo moi difíciles de prever en detalle. Debido á persistencia dos gases de efecto invernadoiro na atmósfera, queda claro tamén que falamos dun proceso a longo prazo, e dicir de centos, se non miles de anos, que durará máis tempo, canto máis gases de efecto invernadoiro producimos.

En xeral, as tendencias explicadas ao nivel global ao longo de décadas, non exclúe desviacións temporais e espaciais. Iso por exemplo significa que dous veráns fríos consecutivos en Galicia encóntranse dentro da variabilidade dun trend de calentamento rexional que se está producindo a longo prazo.

De feito, as temperaturas medias anuais de Galicia, nó período 1961-2006 experimentaron un lixeiro ascenso de alrededor de 0,8 º (véase figura 1 que mostra o caso das medias máximas anuais), mentras as precipitacións non mostraban ningún cambio significativo. Tampouco se encontrou unha alteración a nivel sinóptico, e dicir respecto o reparto temporal, das masas de aire que chegaron á Comunidade. Iso da lugar á conclusión que o carácter térmico desas masas de aire cambiouse.



Figura 1) Desenvolvemento das temperaturas máximas medias anuaís de Galicia na época 1961-2006, a figura mostra valores medios dun conxunto representativo de estacións meteorolóxicas(Cruz Guerrero 2007)





Fonte da figura:

Cruz Guerrero, R. (2007): Evolución do recente clima en Galicia: tendencias observadas en variables meteorolóxicas. Véase: http://www.siam-cma.org/cligal/page.do?paxina=evidencias


Saber máis:

Páxina web do Intergubernamental Panel do Cambio Climático (IPCC). Véase: www.ipcc.ch



Autor: Swen Brands


Os vosos enderezos

Cristina Almasan: almasancristina@hotmail.com
Adina-Mihaela: adina_san@yahoo.es
Cristian-Mihai: crissti18@yahoo.com
Katarzyna: arlene86@wp.pl
Kara: kedempsey@wisc.edu
Laura: roseyfaces@hotmail.com
Sandra: omdsaling@hotmail.com
Paulina: p.hrabeova@seznam.cz
Yoshimichi: eirnossomav34@gmail.com
Malwina: j.malwina@gmail.com
Nani: idontknow_244@hotmail.com
Yuko: teranisister@gmail.com
Annika: annika.vainio@hotmail.com
Adina-Ioana: evora_26@yahoo.com
Agostina: agostinaw@yahoo.com
Heather: hlyoung8@yahoo.com
Joana: joanadevesa@hotmail.com
Benz: benz.nydegger@gmail.com

RIMAS DE SANTIAGO

Quédame só unha semana de estadía en Santiago e pregúntome onde desapareceron as outras… dende o primeriro de xullo (o día que cheguei aquí) ata agora… Algúns dirán que é moito tempo… Quizás… pero para mim é pouco… Sempre é pouco cando se trata das vacacións!!! E para mim persoalmente sempre é pouco cando se trata de vacacións en España, sexa en Barcelona, San Sebastián, Pamplona, Salamanca, sexa aquí… e este ano tocoulle a Santiago acollerme durante o mes de xullo…
Hai algúns anos que desexo percorrer unha parte do camiño de Santiago… Porque, para mim tamén, coma para moita xente, a cidade de Santiago rima en primer lugar co final do camiño… do famoso camiño de Santiago… co destino dos peregrinos medievais en busca de spiritualidade e dos peregrinos modernos en busca, sobre todo, de aventura… entre outras, unha aventura consigo mesmos, co seu corpo e a súa mente… pero non podo decir moitas cousas disto porque aínda non fixen o camiño… Cando o faga , se consigo chegar viva a Santiago (ghe, ghe), diréivolo…
Aínda non percorrín o camiño, pero estou en Santiago para aprender galego…

E neste mes compostelán descubrín que Santiago rima no só co camiño e coa catedral dedicada ao Apóstolo… Santiago rima tamém con outras resonancias medievais, como a música da gaita que se pode escoitar nas prazas ou nas rúas… estas rúas estreitas que me gustan tanto e que non teño na miña cidade…
Santiago rima con muros cheos de historia, con arquitecturas románica e barroca que non coñecen a vergoña de abrazarse dende séculos nas súas igrexas…
Santiago rima co marisco, coa tarta que leva o seu nome e cos restaurantes da rúa Franco…
Santiago rima co galego máis ou menos amado dos seus falantes, en función do medio e da educación, cos carteis de independencia máis ou menos tomados en conta… Rima Santiago con este galego harmonioso (que aínda non falo ben, claro… pero gústame escoitarlo…), “lengua do pobo” cantada por Rosalía e algúns outros escritores que se atreveron a darlle ás… as ás que merecía para non caer no precipicio do olvido…
Santiago rima co plurilinguismo e os ramos de turistas e peregrinos na Praza do Obradoiro…
Santiago rima con Fisterra e outros lugares tan bonitos que rodean a cidade… coas praias, as rías, os mariñeiros, o Atlántico, o Mar Cantábrico…
Santiago rima tamén con paraguas aberto moito tempo do ano… e con lentes de sol só de cando en vez…
Santiago rima co mes de xullo e as súas festas… os concertos e todas as demais mostras de cultura que ofrecen as súas rúas, igrexas, prazas e os seus parques…
E finalmente, Santiago rima cos meus compañeiros de tantos países… e tamén con Iria, David, Malores, Paco… e toda esa xente de corazón que nos deu a oportunidade de estar aquí xuntos neste mes de xullo…
Seguramente faltan cousas por decir… boas e menos boas… (ninguén é perfecto, nin sequera unha cidade, ghe, ghe), pero non quero seguir falando disto agora porque estou con présa… Fáltanme poucos días ata despedirme de Santiago (non para moito tempo, espero…) e aínda quero aproveitar e sentir o seu sorriso e o seu ritmo…


Adina-Mihaela BIZDIGA – Rumanía
Adina_san@yahoo.com