
Chámome Joana, teño vinte e tres anos e veño de Portugal, onde estudo literatura portuguesa. Vin para Santiago de Compostela aprender galego porque cando faga o meu doutoramento quero especializárme en literatura mediaval e coñecer a lingua galega será unha grande axuda dado que nos séculos doce, trece e catorce as cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir eran escritas en galego-portugués. Encantoume verificar que algunhas palabras que desapareceron do portugués son aínda utilizadas no galego – é o que pasa con a palabra axiña, por exemplo; no século catorce dicíase en portugués asiña, pero hoxe xa non.
O que menos me gustou en Santiago foi o tempo meteorolóxico. Vivo no Sur de Portugal e polotanto estou afeita a moito sol e moita calor, especialmente no verán. Aquí sempre chove a cachón e vai frío. Trouxen un montón de camisetas e saias cando debín traer xerseis, gorros e bufandas! Ademais, as clases empezaban demasiado cedo para min e ás veces era unha tortura erguérme! Pero como din na Galicia, vale, vale, non pasa nada.
O que máis me gustou foi a música galega, o centro historico de Santiago, a paisaxe da meirande parte dos lugares que visitamos nas excursións – moi similar á de Lagos, a miña cidade – e claro, todas as persoas que coñecín no curso e de que vou ter moita morriña cando volver a Portugal. Foi moi divertido facer amigos de todo o mundo e aprender algunhas palabras de cada país – en especial as palabrotas, debo confesar.
Encantóume participar no curso de verán e teño ganas de volver. Quizais o próximo ano!
1 comentario:
Agardo que aprenderas máis que esa frase (que sei que si) ;)
Non deixes de mellorar o teu inglés pero non esquezas o galego eh!! Polo que espero verte por aquí no vindeiro curso xa que ti estás pretiño.
Agardo tamén que o curso servise, entre outras cousas, para estreitar os lazos que unen á Galiza con Portugal (que son moitos). As cantigas medievais, que tanto che intersan, son un bó exemplo dunha cultura común.
Un saúdo.
Publicar un comentario