Como vós prometín hai uns días, vou vós ensinar como facer “mate”, unha das bebidas típicas de meu país, Arxentina. Antes vou vós contar un pouquiño sobre el.
O mate é unha bebida similar ao té. Bébese moito tanto na Arxentina como no Paraguay, Uruguay e sur de Chile e Brasil. Xeralmente, bébese quente, aínda que no verán e nas rexións onde hai máis calor, podedes encontrar xente que o bebe frío (este tipo de mate frío chamámolo “tereré”).
A xente bebe mate en calquera momento do día; tanto pola mañá (sexa no almorzo ou despois) como pola tarde. O mate é coñecido tamén polas súas propiedades dixestivas. O máis interesante para min é que o mate é unha bebida social, no sentido de que se ofrece en todos os fogares, e tómase en rolda, por quendas, creando unha union entre a xente. Todos beben do mesmo mate, ata que a auga quente remate. En fin, é unha especie de ritual cotidián.
Os materiais:
• “Yerba mate” (unha especie de planta)
• Auga (quente, pero non fervida!/ ou fría)
• Azucre (optativo, algúns din que o verdadeiro mate é amargo)
• Mate (tamén chamado “prorongo”, recipiente cunha forma ovalada. Pode ser de diferentes materiais: madeira, prata, plástico, coiro, etc.)
• Bombilla (pao para succionar)
Instrucións para facer Mate (moi sinxelo!):
1. Poñer auga a quecer (recordade non ferverla)
2. Enceher o mate/porongo coa “yerba” (ata un pouquiño máis da metade)
3. Botar un ml. de auga morna dentro do mate (un segredo para non queimar a “yerba” coa auga quente)
4. Poñer a bombilla no mesmo sitio onde se botou a auga (punto 3)
5. Verter auga quente no mate, case ata o bordo
6. Beber e gozar!

Probade a facelo nas vosas casas…se non vides probalo á Arxentina!
(Menores utilizar a supervisión dun adulto)
1 comentario:
Ese mate probarémolo no vindeiro curso (estou segura). Estaremos en contacto. Xa sabes que me tes aquí para calquera cousa e non te esquezas de manterme informada do que facedes alá eh! ;)
Todos a consultar a páxina da asociación Xeito Novo!!!
Un saúdo
Publicar un comentario