martes, 29 de julio de 2008

Curso de galego en xeral e en particular

EN XERAL: Por que organizar cursos de galego para estranxeiros?

A favor:

1. Unha oportunidade para que o galego sexa coñecido internacionalmente.
2. Un factor que impulsa o desenvolvemento de traballos de investigación, traducións, cursos de galego nos países e universidades dos antigos alumnos dos cursos.
3. Formación de potenciais profesores/ investigadores de galego, difusores tanto da lingua, como da cultura galega.
4. Formación de "embaixadores culturais".

En contra:

1. Aínda hai moitos galegos (especialmente os mozos) que non usan o galego de maneira habitual e que non coñecen aspectos tradicionais de Galicia (a cultura mariñeira por exemplo).
2. Os esforzos deberían centrarse na difusión do galego primeiro dentro da Península Ibérica, para asegurar o estatuto igual do galego cas outras linguas españolas.


EN PARTICULAR: Top 5 do "Curso de galego para estranxeiros 2008"...e outras 5 que poderían mellorar.

A favor:

1. Excursións gratis, comidas típicas e paisaxes verdes.
2. Unha bolsa que permite estar cómodo durante o mes que dura o curso.
3. Horario moi completo e profesores capacitados.
4. Conferencias dadas por personalidades destacadas.
5. 26 países, un centenar de alumnos e todos falando galego.

A mellorar:

1. A choiva, podería chover un pouco menos en xullo?
2. Algunhas conferencias estaban moi ben se querías dormir despois de saír de fiesta o día anterior.
3. Concentrar todas as clases pola mañá para que puidésemos gozar das tardes en Santiago.
4. Ningún profe nos explicou que hai que visitar ao Santo para aprobar as asignaturas.
5. Para o ano que ven ensaiarei mellor unha canción típica do meu país.

por Cristina e Adina – Ioana, Romanía, Nivel Elemental 1



1 comentario:

Nós dijo...

Moi boa a vosa aportación. Agardo que vos teñan en conta (sobre todo nas cousas que se deben mellorar).
Confío en que regresedes no vindeiro xullo e non esquezades que aquí tedes o voso lugar de encontro e que me tedes aquí para o que precisedes.

Un saúdo para as dúas